NOVO MINIPUNTO LIMPO NO CONCELLO DE ARBO
Novo minipunto limpo na praza do mercado: Arbo xa conta desde esta semana cun novo elemento para reforzar o proceso de reciclaxe e tratamento de residuos. Este novo sistema de reciclaxe complementaria ao punto limpo municipal, sito na Praza do Mercado, permite depositar pilas e baterías, cartuchos de impresora e toners, pequenos dispositivos electrónicos como mandos, cargadores e móbiles e luminarias de baixo consumo e LED.
A instalación destes Minipuntos Limpos encádrase dentro da Campaña “Dá túa Man” da Deputación de Pontevedra.



Reduce, reutiliza, e como última opción, recicla.
Blipvert Recologics, 2024
Blipvert Recologics, 2024